O 4 de decembro do pasado ano, Amigos da Terra enviou denuncias de petición de información ambiental á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, á Concellalía de Medio Ambiente do concello de O Carballiño e ao Servizo de Protección da Natureza deste mesmo termo municipal. Conforme a lei de procedemento administrativo, as administracións teñen a obriga de resolver dictando resolución expresa sobre os motivos que lle son requiridos, neste caso, o estado no que se atopaban as instalacións da canceira municipal, e notificalo nun prazo máximo de tres meses.
Perante o "silencio administrativo" das diferentes autoridades competentes, o colectivo ecoloxista optou por interpór unha queixa ante o Valedor do Pobo en Santiago de Compostela sen prexuízo de elaborar os correspondentes recursos tal e como establece a lei anteriormente citada e que elevarán as denuncias nas que reclamaban información, aos órganos superiores xerárquicos daqueles que tiñan que dictar resolución.
A reiteración das denuncias sucédense polos diferentes grupos ecoloxistas dende o ano pasado sen que ningún grupo obtivera resposta algunha ata agora. Nesas denuncias tratábase de dilucidar os dados que esclareceran a situación na que se mantiñan os cans nas instalacións, xa que o recinto ven carecendo de forma continuada de subministro eléctrico, de abastecemento de auga potable e de servizo veterinario oficial, entre outros.Amigos da Terra tamén preguntaba polo programa de adopción da canceira de que dispuña presuntamente o concello e canto persoal tutelaba as condicións de habitabilidade e aloxamento dos cans (limpeza, manutención, regras de distribución dos cans nas gaiolas e dimensións das gaiolas).
Actualmente, a este requirimento de información ambiental, engádese a demanda de información sobre a documentación que verifique o alta no Rexistro Oficial da Consellería de Medio Ambiente da canceira como "núcleo zoolóxico" e a documentación que avale as declaracións que se veñen publicando dende o concello carballinés sobre a contratación dunha empresa que xestione os cadáveres dos cans e o tratamento polo facultativo, dos mesmos.
Investigacións do SEPRONA
Amigos da Terra confía plenamente nas xestións que está a executar o Servizo de Protección da Natureza de O Carballiño e dende colectivo aclaran: "é imposible que dende o concello coñezan o contido do informe xa que ata o momento non se sabe se o Seprona vai elaborar un atestado para o xulgado ou unha acta de inspección para a Consellería de Medio Ambiente, así que é imposible que a concelleira esté ao tanto do contido dese informe que aínda non viu a luz".