O comandante Yafari dixo que "a capacidade combativa de Irán é tan alta que EUA e Israel non poden atacarnos".
O exercito iraniano advirte do se poderío
A prensa iraniana atribúe este venres ao comandante do Exército, Mohamed Ali Yafari, unhas declaracións en que advirte de que "Irán dispón de mísiles cun alcance superior aos dous mil quilómetros, radio que abarca todo o territorio do réxime sionista, incluídos obxectivos nucleares".
Yafari refírese á versión modernizada do mísil balístico Shehab-3, co que comezaron a experimentar o verán pasado e que demostrou ser capaz de facer diana a máis desa distancia.
O mando lembrou que a doutrina militar iraniana ten un carácter defensivo, polo que se sofren unha agresión, "o país poderá repeler con mísiles calquera ataque inimigo", engadindo despois que "a capacidade combativa de Irán é tan alta que EUA e Israel non poden atacarnos".
Estas declaracións prodúcense só un día despois de que o ministro iraniano de Información, Gholam Hossein Mohseni, quitara importancia á ameaza israelí. Así, Mohseni afirmou que "Israel é demasiado pequeno para ameazar o Irán".