Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA REACTIVAR A ECONOMÍA

O BCE baixa os tipos a niveis históricos: o 1,5%

A entidade europea continúa o recorte dos xuros, que hai cinco meses estaban no 4,25 por cento.

Redacción / EP - 17:35 05/03/2009

O Consello de Goberno do Banco Central Europeo (BCE) decidiu recortar os tipos de xuro da zona euro en medio punto, até o 1,5%, co que se sitúan no nivel máis baixo dende que existe a institución. Coa decisión deste xoves, o BCE segue a relaxar a súa política monetaria despois do descanso que tomou en febreiro.

A entidade que preside Jean Claude Trichet iniciou as rebaixas dos tipos a principios de outubro. Dende aquela, os xuros reducíronse dende o 4,25% daquela data até o 1,5% actual. A medida pretende combater a recesión da economía na zona euro, que no cuarto trimestre de 2008 tivo unha contracción do 1,5%, mentres que a inflación interanual quedou en febreiro no 1,2%, unha décima máis ca no mes anterior.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: