Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Reflexión' no 'Granma'

Fidel Castro ampara os cambios do seu irmán Raúl no Executivo cubano

"O mel do poder polo cal non coñeceron sacrificio ningún, espertou neles ambicións que os conduciron a un papel indigno".

Redacción - 12:15 04/03/2009
Pérez Roque con Fidel

Pérez Roque con Fidel

O ex presidente de Cuba Fidel Castro valorou positivamente os cambios realizados no Executivo que dirixe o seu irmán Raúl e matizou a información difundida polas axencias e os medios internacionais -entre outros, este xornal- ao respecto da "substitución dos 'homes de Fidel' polos 'homes de Raúl'".

Nun dos artigos que habitualmente publica a prensa do país, neste caso o diario Granma, Fidel Castro asegura que "a maioría dos que foron substituídos nunca os propuxen eu. Case sen excepción chegaron aos seus cargos propostos por outros compañeiros da dirección do Partido ou do Estado".

En referencia aos liberados do cargo, considera que "non se cometeu inxustiza ningunha" con eles. En concreto ao se referir a Carlos Lage e Felipe Pérez Roque -aínda que se os citar expresamente- asegura que "ningún dos dous mencionados polos cables como máis afectados, pronunciou unha palabra para expresar desconformidade".

"Papel indigno"
"Non era en absoluto ausencia de valor persoal. A razón era outra. O mel do poder polo cal non coñeceron sacrificio ningún, espertou neles ambicións que os conduciron a un papel indigno. O inimigo externo encheuse de ilusións con eles", asegura.

Ademais, o líder cubano confirmou que os novos ministros "foron consultados comigo, a pesar de que ningunha norma obrigaba os que os propuxeron, a esa conduta, xa que renunciei hai tempo ás prerrogativas do poder. Actuaron sinxelamente como revolucionarios auténticos que levan en si mesmos a lealdade aos principios".


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: