Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS ANTE O DESEMPREGO

UXT pide a ampliación das axudas públicas para os parados

Propón crear emprego directo por parte das administracións públicas e que se acometan iniciativas urxentes na construción e nos servizos.

Redacción - 18:30 03/03/2009
Tags: paro UXT
UXT pídelle ao futuro goberno da Xunta que manteña o diálogo social

UXT pídelle ao futuro goberno da Xunta que manteña o diálogo social

Para UXT, a solución para frear o incremento do desemprego pasa por "intensificar a creación de postos de traballos directos por parte das administracións públicas, sobre todo, a través de programas de formación e emprego e convenios locais para recolocar de persoas paradas". Neste senso exixen medidas "urxentes", sobre todo no sector da construción e no dos servizos, os que se viron máis afectados pola caída de contratacións neste último mes.

Doutra banda, tamén demandan a ampliación das prestacións sociais "a aqueles colectivos que as consumen por diversas causas" e o estabelecemento de mecanismos reguladores para que empresas e sindicatos manteñan un seguimento exhaustivo do plan de investimentos públicos. Finalmente, reivindican unha resposta ante a falla de financiamento: "o executivo debería revisar a súa política de apoio ao sistema financeiro". Neste eido piden a reactivación urxente do Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva e unha reforma da Lei Concursal, para protexer mellor os dereitos dos traballadores. Ao novo goberno galego pídenlle que manteña o diálogo social.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: