A Facultade de Bioloxía xa ten asignado para o último fin de semana de marzo e o primeiro de abril a celebración do curso Biotecnoloxía, unha ollada ó futuro. Está previsto que a este encontro acudan docentes de diferentes universidades, expertos en Biotecnoloxía e directivos de empresas que traballen neste sector.
Entre os temas que se abordarán neste curso destacan, pola preocupación social que provocan, os referidios ós métodos de transformación xenética de microorganismos e de células animais ou a rexeneración de plantas in vitro. Tamén haberá tempo para a discusión sobre a regulación que deben ter os inventos en biotecnoloxía e o uso dos biochips de ADN como nova ferramenta para o diagnóstico.
Ademais, tres mesas redondas analizarán a situación da investigación en España neste campo, as relacións da universidade e as empresas e a bioética e a biotecnoloxía. O prezo da matrícula é de 5.000 pesetas para estudiantes e parados e 8.000 para o resto de asistentes.