Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A FESTA FERVE EN LAZA, VERÍN, COBRES OU VIANA DO BOLO

Non todos os días son martes de Entroido...

O día grande da semana trae peliqueiros, troteiros, merdeiros, a corrida do galo, a queima do lardeiro ou o testamento do burro.

Redacción - 13:00 24/02/2009
Tags: entroido

Por Ourense levan un mes de festa, pero aínda quedan forzas para saír á rúa este martes de Entroido. En Laza, por exemplo, pola mañá saíron xa os 'peliqueiros veteráns'; pola tarde será o momento do desfile de carrozas, e a partir das sete virá o Testamento do Burro, o Enterro do Entroido e o Loito dos Peliqueiros. En Verín, o máis importante da xornada será o masivo desfile, que cada ano xunta a milleiros de persoas.

En Viana do Bolo o martes é o Día do Intruido, no que tamén se celebra un desfile, que precede á Queima dos Lardeiros, acompañados dunha Fulionada.

En Cobres (Vilaboa) ten lugar este martes a tradicional Corrida do Galo, do que mesmo se poden ver imaxes de como se celebraba nos anos setenta.

En Bande, é o tempo para a saída dos Troiteiros, mentres que en Vigo volveranse ver pola rúa os Merdeiros, recuperados o pasado ano.

Aínda quedará o Mércores de Cinza, o enterro da sardiña ou o enterro do Ravachol, por exemplo, aínda o venres. Pero unha vez que pasa o martes, ao Entroido quédalle pouca xolda. Xa di a cantiga: Adiós martes de entroido/ adiós, meu amiguiño/ hasta Domingo de Pascua/ non comerei máis touciño.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Desfile de Cigarróns en Verín no martes do Entroido de 2007

Martes de Entroido en Xinzo en 2006

Quima do Lardeiro, en Viana do Bolo

'Corrida do Galo' en Cobres (Vilaboa) nos anos setenta