Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
24 DE FEBREIRO, ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

A semana de Rosalía

Os actos de homenaxe inclúen unha nova sesión do espectáculo 'Rosalía 21' de Guadi Galego, Abe Rábade e Anxo Angueira, o xoves en Compostela.

Redacción - 11:30 24/02/2009

Alborada

Tembra un neno


O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, o que converte todos os anos esta data nun momento de homenaxe da poeta. Nesta ocasión a actividade principal é o espectáculo Rosalía21, que se estreou hai agora un ano en Cuba no transcurso da Feira Internacional do Libro da Habana. Trátase dun proxecto dirixido polo escritor Anxo Angueira no que se mesturan música, poesía e audiovisual. No espectáculo poderanse oír poemas como A xusticia pola man, Negra sombra, Ladraban contra min, Tecín soia a miña tea, Miña Santiña ou Alborada, entre outros.

Rosalía21 trae os poemas de Rosalía ao terceiro milenio. Un sopro de aire fresco, que pon de manifesto a atemporalidade da obra da poeta, a súa modernidade, o seu carácter revolucionariamente contemporáneo, reivindicando os seus textos máis inxustamente esquencidos. As melodías naceron en conversas de madrugada entre Abe Rábade e o finado Carlos Asorey no compostelán Dado Dadá. A música corre a cargo do cuarteto formado por Abe Rábade ao piano, Jesús Santandreu ao saxo, Nelson Cascais ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería. Os temas son nalgúns casos cantados por Uxía Senlle e Guadi Galego, e noutros recitados melodicamente por Anxo Angueira.

Ademais, a Consellaría de Cultura publicou un libro sobre Rosalía no que varios escritores e estudosos da súa figuran escriben sobre a poeta. Contén artigos de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, María López Sández, Iria Sobrino, Nancy Pérez, Xabier Cordal, Daniel Salgado, María do Cebreiro, Iago Castro e María Reimóndez. O libro edítase en catro idiomas: galego, español, inglés e francés.


4,11/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: