O goberno do país, un dos que maior taxa de mortaldade infantil rexistra, lanzou unha campaña de vacinación masiva.
En Portugal hai escaseza de vacinas para os viaxeiros con destino a Luanda
O goberno de Angola lanzou unha campaña de vacinación de animais masiva na capital do país, Luanda, que inclúe cans, gatos e monos, logo de que o virus da rabia provocase a morte de máis de 70 crianzas nos últimos tres meses, informan os medios locais.
Segundo fontes sanitarias, xa se capturaron nas rúas da cidade máis dun milleiro de cans dende que a epidemia comezou a se estender en novembro. Os animais infectados foron sacrificados; os que non, enviados a canceiras.
A idade das vítimas oscila entre os tres e os dez anos, as crianzas máis indefensas ante o ataque dun can na rúa. A rabia, que afecta o sistema nervioso, pódese transmitir aos humanos a través da saliva ao seren mordidos por un animal infectado.
Angola rexistra unha das peores taxas de mortaldade infantil do mundo, segundo informes dos organismos internacionais como Unicef.