Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN WISCONSIN

Unha adolescente irá a xuízo por usar o móbil na clase

Unha estudante estadounidense foi acusada de conduta desordenada por desatender as ordes da profesora e seguir enviando mensaxes.

Redacción - 19:20 19/02/2009

O uso do móbil nas clases pode ter consecuencias graves. Unha rapaza de 14 anos de Wisconsin (EUA) foi arrestada e acusada de conduta desordenada por non querer deixar de enviar mensaxes de texto durante unha clase de matemáticas no seu instituto.

A adolescente foi detida o mércores na Wauwatosa East High School despois de desatender a petición da súa profesora de que deixase de mandar SMS. A rapaza negou nun primeiro momento ter un teléfono consigo, cando declarou perante un oficial de seguridade da escola. Porén, cando unha axente de policía a cacheou, atopoulle o móbil.

O teléfono, un Samsung Cricket (grilo), estaba agochado "na zona traseira" da rapaza. A estudante recibiu unha citación criminal por conduta desordenada, que leva consigo "unha fianza de 298 dólares (234 euros)" e a confiscación do aparello. A rapaza, que ademais foi expulsada durante unha semana do colexio, irá a xuízo o 20 de abril por un cargo leve.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: