A Cámara baixa aprobou en novembro a norma que contemplaba penas de entre tres meses e dous anos de cárcere.
Unha parella, en Quenia
O Senado de Burundi, país africano da rexión dos Grandes Lagos, rexeitou unha emenda aprobada pola Asemblea Nacional en novembro que criminalizaba a homosexualidade e contemplaba penas de entre tres meses e dous anos de cárcere.
A propia Asemblea introducira diversas modificacións lexislativas a principios deste mes, entre outras a abolición da pena de morte, mais non a este respecto. Segundo informaron os medios locais e recollen as axencias internacionais, 36 dos 43 senadores presentes no pleno votaron en contra.
A versión modificada da norma regresará agora á Cámara baixa. De non se aprobar, Senado e Asemblea deberán formar unha comisión mixta para harmonizar o texto antes de que o presidente da Rebública o sancione.
Arredor de dous terzos dos estados de toda África consideran a homosexualidade ilegal e puníbel.