Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
SARGADELOS, XOVES, 19 DE FEBREIRO, 19 H.

Novela e antropoloxía sobre a memoria da Galiza rural

Manuel Mandianes presenta en Barcelona o a súa primeira novela, "Raposiño e o cego".

Xabier Paradelo - 20:30 17/02/2009

O antropólogo galego asentado en Catalunya, Manuel Mandianes, fai na súa obra unha reflexión antropolóxica que á vez quere deixar constancia do rural galego, que desaparece. O autor parte das vivencias dun neno barcelonés, que vai ver por primeira vez os seus avós, e relaciónaas coa memoria dos galegos emigrados que deixaron a súa aldea sendo moi novos, como foi o caso do propio Mandianes. O científico escribe esta narración dacabalo da antropoloxía de da literatura, fai narrativa sen perder de vista a ciencia.

Na presentación na Galería Sargadelos, o autor estará acompañado de Basilio Losada e de Helena González, da Universidade de Barcelona, e mais do editor Olegario Sotelo Blanco.

Xoves, 19 febreiro, 19 horas

Presentación do libro Raposiño e o cego (Editorial Limaia), de Manuel Mandianes.

Galería Sargadelos Barcelona
Provença, 276
Tel.: 93 215 03 68


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: