O primeiro presidente da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional falou con Vieiros da situación do xogo popular.
Paco Veiga, presidente da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Velaquí as prioridades que, desde a perspectiva profesional de Paco Veiga, no seu cargo á fronte deste colectivo, debería priorizar o goberno que saia das urnas:
"1.Resolver debidamente o plan estratéxico porque aí está incluída toda a planificación sobre o xogo tradicional.
2.Instar á Consellaría de Educación a que lle preste atención ao xogo tradicional e que o inclúa nas liñas de acción.
3.Preparar materiais para os educadores en diferentes formatos como libros ou DVD´s
4.Habilitar pistas para que a xente poida xogar.
5.Botarlle un cabo á xente que está tirando polo xogo tradicional cara a arriba"