- Convocado o concurso de Camelia. - Peche dos carnavais en S.Miguel de Oia e Candeán. - J.María Carrascal asina o seu libro.
Convocado o concurso da Camelia.
Os días 6 e 7 de marzo, na sala de exposicións da Zona Franca, terá lugar
a XXXV edicción do concurso da Camelia.
O certame poderan acudir tanto os profesionais coma os
afeccionados e, presentar as flores en calquera das variedades e
cooridos que desexen. Tamén poderanse presentar os inxertos
realizados nestas flores para obter híbridos.
O gañador obterá a Camelia de Ouro e, para poder participar ten
que facer a inscripción no rexistro xeral do concello. A data
para presentarse remata o 26 de febreiro.
O concurso esta organizado pola concellalía de Cultura.
Peche do Enrtoido en S.Miguel de Oia e Candeán.
As parroquias de S.Miguel de Oia e Candeán, rematan esta fin de
semana os seus Entroidos con actos e festivais.
S.Miguel de Oia enterra o domingo á sardiña, nun acto que
comenzará ás cinco e media da tarde e percorrerá diversas rúas
da vila. O desfile rematará en Canido e aquí terá lugar a
lectura do responso e as derradeiras vontades da finada. A festa
rematará cunha tirada de fogos e desfiles de charangas.
Na parroquia de Candeán, os actos comenzarán ás catro desta
tarde cunha piñata nas instalacións da Asociación de Viciños.
Un parque de animación infantil para os cativos e concursos de
karaoke xunto coa entrega de premios ós mellores disfraces amén
dun baile ata a madrugada, pecharán este entroido.
J.María Carrascal asina o seu libro.
O xornalista J.María Carrascal, asinará hoxe exemplares do seu
libro "Derradeiros Comentarios: á era Aznar", dende as
12 as 14 horas no departamento de librería do Corte Inglés.
J.María Carrascal chegou onte a Vigo para participar nunha
conferencia e posterior coloquio organizado polo Clube Faro de
Vigo.