Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BANTEGAL

A FAO podería exportar o modelo do Banco de Terras a outros países europeos

Medio Rural expuxo no sétimo encontro sobre tenza de terra a experiencia galega para evitar o abandono do rural.

Redacción - 19:25 11/02/2009

Representantes da FAO amosáronlle á Consellaría de Medio Rural o seu interese por trasladar o modelo de xestión do Banco de Terras a países europeos cunha situación de alta fragmentación parcelaria e de risco de abandono do rural semellante á galega.

Galiza acolleu o sétimo encontro da FAO sobre tenencia de terra e concentración parcelaria, onde participaron representantes de 20 estados para coñecer o modelo de xestión das terras que se está a desenvolver no país. O interese por coñecer o modelo do Banco de Terras, das Unidades de Xestión Forestal e da Lei de Reforma das Estruturas Agrarias xa se amosou na anterior edición do seminario, que tivo lugar en Praga.

O conselleiro, Alfredo Suárez Canal, explicou que a oficina europea da FAO está a traballar nun programa de asistencia e colaboración con países do leste e do centro de Europa, na busca de solucións á fragmentación das parcelas e para mellorar as condicións de vida no medio rural. Lembrou, ademais, que o Banco de Terras, nun ano de funcionamento, conta con sete mil fincas inscritas, das que máis de 830 están cedidas ou en trámite para o seu aproveitamento agrario.

No seminario expúxose, entre outros temas, a optimización de recursos públicos que supón Bantegal, con prezos de referencia para o alugueiro de fincas, a diferenza doutros estados en que se adquiren as superficies para o seu arrendamento, o que resultou de interese para os responsábeis da FAO, que amosaron a posibilidade de aplicar este modelo en países con fragmentación parcelaria e risco de abandono semellantes.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: