Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dispositivo de Protección Civil

Escolas pechadas e aviso de emerxencia cunha nova "alerta laranxa" por vento

A Xunta enviou un comunicado instando os cidadáns a adoptaren "as medidas de autoprotección oportunas", ante a inminencia dun novo temporal.

Redacción - 21:00 08/02/2009

A Dirección Xeral de Protección Civil aconsellou este domingo á poboación adoptar as medidas de autoprotección oportunas ante a chegada dun novo fenómeno meteorolóxico adverso que levará a este departamento a activar a alerta laranxa por vento en terra e que afectará a Galiza a partir deste luns. Nun comunicado, a Consellaría de Presidencia informou de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) advertiu de que se prevén refachos de compoñente sueste de máis de 100 quilómetros por hora.

Presidencia recomendou evitar os desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, ventás e tellados, afastarse de edificios en ruína ou construción, árbores ou paneis publicitarios. Por outra banda, Protección Civil avisou de que esperan precipitacións que poderán acumular ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas, unha circunstancia que corresponde a un grao de alerta amarelo. Este fenómeno meteorolóxico adverso afectará especialmente á provincia de Pontevedra dende primeira hora do luns e até a madrugada do martes. Ademais, Protección Civil recomenda os condutores que, no caso de ter que realizar algún desprazamento, se informen previamente do estado das estradas e que adecúen a velocidade ás condicións da vía, dado que se poden producir desprendementos de terra e pedras.

Máis información na web 112Galicia.org.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: