Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proxecto político en Francia

Nace o Novo Partido Anticapitalista, herdeiro da Liga Comunista Revolucionaria

O ex carteiro Olivier Besancenot, que nas presidenciais de 2007 obtivo máis do 4% dos votos e ten unha alta aceptación popular, lidera o proxecto.

Redacción - 11:00 07/02/2009

Este venres naceu en Francia o Novo Partido Anticapitalista (NPA). Á quinta feira, certificouse a disolución do seu antecesor, a histórica Liga Comunista Revolucionaria (LCR), xurdida ao abeiro de maio de 1968.

Coa creación do NPA culmina un período iniciado logo das eleccións presidenciais de abril de 2007, cando se decidiu impulsar un novo partido, despois que o resultado das presidenciais confirmase ao troskista Olivier Besancenot como a opción máis sólida á esquerda do Partido Socialista.

Besancenot, portavoz do NPA, ex carteiro 'mileurista' que logrou o 4% dos votos, conta cunha opinión favorábel do 60% da poboación, segundo as últimas sondaxes. O NPA, de ideoloxía anticapitalista, ecoloxista, feminista e internacionalista, busca ocupar o espazo deixado pola deriva liberal do Partido Socialista e a satelización do Partido Comunista.

O lanzamento do NPA atraeu a un importante numero de sindicalistas, estudantes, mozos dos barrios populares, ex militantes decepcionados doutras formacións políticas e intelectuais. Xa conta con nove mil afiliados, o triplo de militantes que tenia a LCR, formación emblemática da esquerda europea.


4,27/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: