Asemade, o goberno constituíu unha axencia para bloquear as webs ofensivas contra o rei. Nun día pechou case cinco mil.
Portada da web
O goberno de Tailandia puxo en marcha unha web especial na que convida o pobo a informar de quen critique a monarquía. Ademais, estabeleceu un centro para bloquear as páxinas ofensivas contra a monarquía. Nun día, prohibiu preto de cinco mil.
Anteriormente, o Ministerio de Información tailandés bloqueara varios miles de webs. Ese traballo estase a acelerar co novo grupo. O novo goberno de Tailandia marcouse o obxectivo de protexer a imaxe da monarquía como unha das súas principais prioridades, segundo informa a BBC.
Os internautas están chamados a amosarlle a súa lealdade ao lei contribuíndo a protecttheking.net, impulsada por un comité parlamentario. Na portada da páxina descríbese como un medio para que o pobo tailandés amose o seu apoio ao monarca protexéndoo do que considera "malentendidos" contra el. Iso supón que toda a cidadanía informe de calquera que crea que insultou ou criticou a monarquía.