Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTREA EN FLOCOS.TV

O cine desta fin de semana: 'O monte é noso'

O históricos filme, filmado en 1978 por Llorenç Soler, recolle as loitas do campesiñado galego para recuperar os seus montes comunais.

Redacción - 10:45 08/02/2009

En 1976 chegou a Galiza o cineasta catalán Llorenç Soler, da man do arquitecto César Portela. Coa súa cámara de 16 mm e con experiencia en múltiples películas de cine alternativo en Cataluña, Lorenzo Soler abordará determinados aspectos da realidade galega, cun punto de vista absolutamente persoal, con técnicas de cine directo, e seguindo as tendencias do documentalismo contemporáneo. Algún dos seus filmes serán sufragados polas propias coordinadoras de afectados, singular e irrepetible sistema de financiamento.

Realizou 6 curtametraxes en 16 milímetros ao longo de tres anos: En 1976 retratou a vida dunha comunidade de xitanos en Gitanos sin romancero, a arquitectura compostelán en Seminario de Arquitectura en Compostela; ao ano seguinte, enxergouse no conflicto da construcción da Autopista do Atlántico en Autopista unha navallada a nosa terra e tivo ademais tempo para unha curtametraxe experimental, Antisalmo. No ano 1978 afrontou o problema do alcoholismo en Galicia en Condenados a beber e a loita pola recuperación dos montes comunais en O monte é noso.

O monte é noso recolle as loitas do campesiñado galego pola recuperación da propiedade dos montes comunais que lle foron usurpados a a partir de 1939. A través dunha serie de entrevistas maniféstanse varios puntos de vista ante a actuación dos poderes públicos que administran as propiedades comunais. Producido pola Coordenadora de Montes comunais.

Pódese ver xa en Flocos.TV


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: