Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MICROBLOG

Un escritor publicará un relato en tempo real en Twitter

Carles Bellver irá contando durante 24 horas a historia de Charles Beauvoir, un personaxe insomne.

Redacción - 12:15 06/02/2009
Carles Bellver

Carles Bellver

O escritor Carles Bellver pon en marcha este venres unha experiencia literaria moi 2.0. A partir das seis da tarde, irá publicando no Twitter, cada hora, unha mensaxe que irá compoñer, en tempo real, un relato breve de 24 horas. O seu título é Renovarse ou durmir. Charles Beauvoir en Twitter.

Bellver conta en Vilaweb que o seu pseudónimo Beauvoir "padece de insomnio e é probábel que envíe mensaxes de noite e de madrugada". O personaxe xa fora protagonista dun relato do libro Vida canina, e volverá selo da nova obra que prepara o escritor.

Carles Bellver traballa na universidade Jaume I de Castelló, onde asesora o profesorado en materia de novas tecnoloxías. Tamén foi un dos precursores dos blogs en catalán, dende 2005, e hai catro anos que mantén unha wiki.

Segundo explicou, Twitter é un servizo axeitado para a literatura breve e ten potencial creativo. Ademais, "interesábame a posibilidade de facelo en tempo real". Aínda que aclarou que "non escribirei o relato en tempo real, a base de escritura atuomática. Xa o traballei previamente. O que farei en tempo real é a publicación". Despois ten previsto recompilar o relato completo en pdf acompañando cada mensaxe cunha ilustración feita por el mesmo.


3/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: