Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Temporal

Meteogalicia avisa: nivel laranxa por neve e mar de fondo en toda a costa

A neve, que caerá por riba dos 500 metros, xa está a dificultar o tránsito na rede de estradas, sobre todo na zona máis oriental do país.

Redacción - 13:35 05/02/2009
Esta sexta feira nevará por riba dos 500 metros / Flicrk: muad_did

Esta sexta feira nevará por riba dos 500 metros / Flicrk: muad_did

MeteoGalicia, ente dependente da Consellaría de Medio Ambiente, avisa do novo temporal que se aproxima, dando a alerta laranxa por neve en todo o país, xa que a partir desta sexta feira a cota sitúase por riba dos 500 metros. Ademais, haberá mar de fondo en todo o litoral galego.

Esta sexta todo o país ha continuar baixo a influenza das baixas presións, con ventos de compoñente norte que han ocasionar unha importante baixada das temperaturas e da cota de neve, segundo o boletín meteorolóxico. O nivel laranxa, alén da neve -que chegará a acadar os 20 centímetros de grosor, nas zonas de montaña-, refírese tamén ao mar de fondo do oeste, con ondas de catro a seis metros, dende as 00:00 horas desta quinta feira ás 00:00 horas da sexta feira. Na tarde desta quinta feira, as ondas chegarán a ter sete metros nalgunhas puntas no litoral pontevedrés, e oeste no mar coruñés, que diminuirán até os cinco metros na sexta.

A neve comeza a dificultar o tráfico na zona oriental
A media mañá desta quinta feira, a neve estaba a condicionar a circulación na A-52, á altura da Mezquita (Viana) -en ámbolos dous sentidos, do quilómetro 112 ao 120- ; na LU-633 en Pedrafita do Cebreiro (Os Ancares) e na LU-651, á altura de Quiroga (Comarca de Quiroga).

Alén disto, a circulación é irregular na N-525 en Taboadela (Ourense), dirección Benavente, por causa de desprendementos das paredes que bordean a estrada.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: