Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN VIGO

Un milleiro de traballadores berran contra a represión no naval

Os manifestantes concentráronse en solidariedade con catro operarios xulgados por desordes e danos producidos durante as folgas de 2007.

Redacción - 12:45 05/02/2009

"Stop represión. Liberdade para os catro do metal". Este foi o lema que acompañou á concentración e posterior manifestación que percorreu as rúas de Vigo este xoves. Preto dun milleiro de traballadores do naval manifestáronse así en solidariedade cos seus compañeiros xulgados baixo a acusación de desordes e danos producidos durante as folgas do sector no ano 2007. Os actos de protesta foron convocados pola CIG para todo metal, e pola UXT, que apoiou o paro no naval.

Con todo, o secretario xeral de CIG-Metal, Miguel Anxo Malvido, recordou que "nesta xornada de loita en solidariedade cos catro traballadores xulgados tamén se protesta contra os incumprimentos do convenio pactado en 2006". Así, advertiu á patronal de que "a crise non poderá condicionar o novo regulamento", que se negociará a partir do 13 de febreiro.

Doutra banda, os catro operarios imputados, Daniel C., Emilio D.C., Xosé G., e Iván P., enfróntanse a unha petición de dous anos de cadea por desordes e outros dous anos por un delito de danos. Ademais, o Ministerio Público tamén pide multas individuais de 1.830 euros e unha multa colectiva de 8.222 euros. Este xoves retoumouse o xuízo na Sala do Penal número 1 de Vigo, logo de que a vista se suspendese no pasado novembro.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: