O grupo, que este ano celebrará o seu trinta aniversario, quere converter 'A quinta das lágrimas' no himno do Eixo Atlántico.
Quinta das Lágrimas presentarase este mércores en Guimaraes durante a Conferencia de Cooperación Transfronteriza, unha iniciativa do Eixo Atlántico. O disco conta coa colaboración da fadista Mafalda Arnauth e ten como base os eixos principais que articulan a Galiza e ao Norte de Portugal: o mar, a lingua e a cultura, e repasa algúns dos grandes fitos históricos que construíron a historia común de ambos os dous territorios: a independencia de Portugal, a era dos descubrimentos, as ditaduras que viviron os dous países, a chegada da democracia, a entrada na Unión Europea ou o Camiño de Santiago.
Inclúe temas propios de Milladoiro, versións de temas galegos e portugueses, unha canción de Zeca Afonso e mesmo un poema de Fernando Pessoa.