Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME DO 'DEFENSOR DEL PUEBLO'

"Moitos" centros de menores violan os dereitos humanos dos rapaces

Algúns contan cunha sala sen fiestras e con paredes cubertas de goma negra, que adoitan ser usadas como medida sancionadora ou intimidatoria.

Redacción / Europa Press - 19:05 02/02/2009

O Defensor del Pueblo (valedor do pobo español) emitiu un informe monográfico sobre os centros de protección de menores, no que critica que "moitos" dos centros vulneran os dereitos dos mozos e as mozas, acolléndose ao que denominan "medidas educativas creativas" ou "medidas correctoras". O informe será remitido á Comisión Mixta Congreso Senado para as relacións co Defensor del Pueblo.

O informe revela que o 75% das institucións dá tratamento farmacolóxico aos menores en caso de grave alteración, e a maioría dos centros aplica contencións físicas con frecuencia. Sobre isto o Defensor del Pueblo explica que estas contencións deben facerse "de xeito limitado", e lamenta que en moitas ocasións sexan demasiado frecuentes e agresivas, chegando nalgúns casos a producir lesións físicas.

Outro aspecto do que fala o informe é a aplicación de medidas de illamento, que no canto de aplicarse dun xeito terapéutico concíbense como medidas sancionadoras e intimidatorias. Fala o Defensor del Pueblo das "salas de axitación" ou "salas de reflexión": pequenos espazos sen fiestras coas paredes cubertas de goma negra, que adoitan motivar sensación de asfixia e un grande rexeitamento aos menores.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: