Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DESCUBERTA EN MALAISIA

A ferramenta humana máis antiga ten 1,83 millóns de anos

Un equipo de arqueoloxía descubriu restos dunhas machadas de pedra que poderían ser obra do 'Homo erectus'.

Redacción - 12:00 02/02/2009

Un grupo de arqueólogos de Malaisia anunciou o descubrimento das ferramentas máis antigas que se coñecen. Unhas machadas de pedra, atopadas o ano pasado no xacemento de Lenggong, foron datados por un laboratorio xaponés en hai 1,83 millóns de anos.

Os utensilios son a evidencia máis antiga de antepasados dos seres humanos no Sueste Asiático, segundo explicou o director do equipo, Mokhtar Sadin, á AFP, e engadiu que as machadas de man poderían ser obra do Homo erectus. O fósil máis antigo desa especie descuberto na zona procede da illa indonesia de Xava, hai 1,7 millóns de anos. Os exemplares máis antigos do mundo atopados até agora son de Xeorxia (1,8 millóns) e da China (1,7 millóns de anos).

Sadin afirmou que "este novo achado en Malaisia é máis antigo ca o de Xeorxia, mais a diferenza é que o que atopamos foi a ferramenta e aínda temos que seguir procurando os ósos humanos". O esqueleto humano máis antigo atopado en Malaisia é o home de Perak, descuberto en 1991 e de "só" 11 mil anos de antigüidade.


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: