Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tres policías e un militar

As FARC liberan catro reféns

Unha misión humanitaria internacional foi a encargada de recollelos. Agárdase a liberación doutras dúas persoas.

Redacción - 09:00 02/02/2009

Tres policías e un soldado colombiano que foran apresados no seu momento polas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) foron postos en liberdade este domingo. Un dispositivo humanitario integrado por delegados da Cruz Vermella, activistas e xornalistas, co apoio loxístico de Brasil, desprazouse na fin de semana a un punto da selva ao sur de Colombia para recoller estas catro persoas. Para luns e mércores agárdase a liberación doutros dous retidos, o ex gobernador Alan Jara, preso desde 2001, e o ex deputado Sigfredo López, no poder das FARC desde 2002.

A senadora colombiana Piedad Córdoba anunciara a pasada cuarta feira (hora local) a entrega dos seis reféns, dos que daquela se descoñecía a identidade, e que a guerrilla ofrecera liberar unilateralmente en decembro. A entrega bloqueárase días atrás porque as FARC pedían a intervención internacional e o goberno de Álvaro Uribe negábase. Finalmente aceptou que participasen helicópteros da Força Aérea Brasileira e do Comité Internacional da Cruz Vermella.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: