A sonda espacial da NASA Mars Global Surveyor vén de enviar unha serie de imaxes do polo sur marciano, nas que aparecen unhas curiosas estructuras. As imaxes de alta resolución tamén mostras as diferencias entre os dous polos de Marte.
O casquete polar setentrional ten unha superficie cuberta con
buratos pero relativamente plana. O polo austral está formado por foxos máis grandes e
mesetas planas. As estructuras observadas no polo sur poden estar relacionadas co dióxido
de carbono conxelado nesta rexión. Así, as mesetas e elevación observadas, máis
grandes ca un pobo pequeno e duns cinco metros de altura, parecen estar formadas por xeo
seco (dióxido de carbono xeado). Ademais, as diferentes formas dun e doutro polo suxiren
un que as dúas rexión tiveron unha historia e clima moi diferentes durante miles ou
mesmo millón de anos. Segundo Peter Thomas da Universidade de Cornell, a parte do casquete norte que permanece no verán
marciano, parece estar constituído por xeo de auga. O casquete sur ten o aspecto de estar
formado por dióxido de carbono, aínda que descoñecendo se pode ser unha cuberta duns
metros de grosor ou de varios quilómetros. Se os científicos descubre que a meirande
parte dos casquetes polares están formados por auga, xurdiría un misterio: a razón da
existencia de tan pouco dióxido de carbono en Marte. Na Terra, hai moito dióxido de
carbono pero a maior parte está transformado en rocha calcaria pola acción dos seres
vivos mariños. Sen océanos e sen organismos vivos, a superficie de Marte debería ter unha cantidade máis grande de
dióxido de carbono.
Máis información.
Ademais un equipo de xeofísicos atopou unha nova proba, de
que Marte tivo unha vez un océano importante. Os investigadores analizaron datos
gravimétricos procedentes da Mars Global Surveyor. Neses datos se evidencian
canais, agora invisibles, que levaron auga dende as terras altas do hemisferio sur
marciano, cara o interior das terras baixas do hemisferio norte. Os investigadores afirman
que será difícil proba-las súas hipóteses.