Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTE VENRES EN RIANXO

Xesús Constenla presenta o seu Shakespeare con xeo e limón

'Shakespeare Destilado', unha historia aceda contada por un narrador anónimo, gañou o premio García Barros o pasado verán

Redacción - 11:30 30/01/2009

Un home bébedo conta a historia dun amigo, Willy, que vive pechado nun piso de onde nunca sae. Alí constrúe, casa a casa e rúa a rúa, a maqueta dunha cidade; alí le tamén sonetos de Shakespeare, que se mesturan con gintonics. A novela, aceda coma o limón dos vasos, atenta contra os tótems da cultura, comenzando polos monólogos literarios. En xullo, o ferrolán Xesús Consenla fíxose co premio García Barros de novela, concedido polo concello da Estrada, con esta obra, que sucedía a As humanas proporcións (Premio Torrente Ballester en 2003) e o Libro das Alquimias, publicadas ambas as dúas por Galaxia, ao igual que o seu novo traballo.

Este venres, a partir das oito e medio da tarde, Constenla presentarán o seu Shakespeare destilado en Rianxo, acompañado de Víctor Freixanes, de Antón Riveiro Coello, e do alcalde da vila, Pedro Piñeiro Hermida. Previamente, ás oito, realizarase unha ofrenda floral no busto de Castelao, no aniversario do seu nacemento.

Nas últimas semanas Constenla veu publicando no blog de Galaxia unha serie de post sobre a novela, un total de trece, que rematou o pasado 16 de xaneiro: "Comezou esta historia alá polo mes de decembro (xa do ano pasado, tempus fugit), un día vinte e dous, seica, cando convidei os lectores a facer unha mestura de Sonetos de Shakespeare e xenebra para que comprobasen as múltiples virtudes da beberaxe (antes de consumilos consulte o seu médico ou farmacéutico)"


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: