O vento pode chegar aos 150 quilómetros por hora, especialmente no norte e no noroeste do país.
A Dirección Xeral de Protección Civil avisou de que o episodio de meteoroloxía adversa por vento en terra alcanzará na noite do sábado valores de nivel de alerta vermella por refachos que poderán chegar aos 150 quilómetros por hora.
O fenómeno será especialmente intenso no norte (A Mariña) e no noroeste (Costa da Morte, A Coruña, Ferrolterra), así como nas zonas montañosas orientais. No resto do país mantense o nivel de alerta laranxa con refachos de até 120 quilómetros por hora e a amarela por precipitacións.
Protección Civil indicou que tamén se prevé un empeoramento da situación meteorolóxica adversa no mar -nivel vermello-, onde as ondas chegarán aos oito metros de altura e o vento, de compoñente sueste, será de forza 10.