Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións parlamentarias e municipais

O FMLN lidera as lexislativas de El Salvador

A formación política de esquerda xurdida da que fora a guerrilla na década dos 80, completa unha exitosa participación nos comicios.

Redacción - 09:00 19/01/2009
Imaxe electoral da Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN)

Imaxe electoral da Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN)

A Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) obtería arredor do 42,3% dos apoios nas eleccións lexislativas, por riba do 39,5% da conservadora Alianza Republicana Nacionalista (ARENA), segundo os primeiros datos que chegan de El Salvador. As enquisas xa prognosticaran a vitoria da FMLN.

Con todo, nas eleccións municipais, a principal praza en disputa, a capital do país, San Salvador, resólvese de momento en favor dos conservadores, con triunfo para Norman Quijano, candidato da ARENA. O FMLN tiña o poder municipal aló desde 1997. O próximo 15 de marzo serán as eleccións presidenciais, co FMLN por vez primeira con aspiracións serias de alcanzar a presidencia.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: