Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE DOMINGO

Galiza, con Palestina

As rúas de Santiago de Compostela acollerán unha gran manifestación convocada por ducias de organizacións.

Redacción - 12:15 17/01/2009

"Con Palestina". Este será o lema que presida a marcha nacional prevista para este domingo en Santiago de Compostela. Sairá ás 12:00 horas da Alameda e percorrerá varias rúas da capital galega até á Praza da Quintana, onde se lerá un manifesto.

Prevese que a asistencia sexa masiva, tendo en conta experiencias anteriores de mobilizacións cidadás, así como o gran número de entidades que convocan. É a resposta do tecido asociativo do país que xorde ante a "necesidade de dar unha contestación unitaria e nacional á matanza palestina do sionismo en Gaza, e de garantir a máxima participación posíbel da cidadanía".

Convocan
:
A Gentalha do Pichel, Acsur Galiza, Adiante, AGIR, Asemblea Republicana de Vigo, Asociación de xefes e mandos da policía local de Galicia, Asociación Francisco Villamil, Asociación Galaico Árabe Jenin, Assembleia Aberta do Local Social , Baiuca Vermelha, Aturuxo, BNG, BRIGA, CC.OO de Galicia, Ciberirmandade, CIG, CIMO- Castelao ( Coordinadora de Independentes do Morrazo), CNT, Colectivo dos Mozos Comunistas, Comités Abertos, Comité de Defensa das Rías, Coordinadora de Crentes Galegos, Coordinadora Galega de ONGDs, Coordinadora Galega pola Paz, Corrente Vermella, COSAL, COSAL- Santiago, CUT, DSI, Encontro Irmandiño, Esculca, Esquerda Unida, Foro de Inmigración, FPG, Fuco Buxán, Fundación Araguaney, Fundación Galiza Sempre, Galiza Nova, Galiza por Palestina, Iniciativa polos Dereitos Humanos, Isca, Marcha Mundial das Mulheres, Médicos do Mundo, Movemento pola Base (.org e .net), Mundo Sen Guerras, Nós Unidade Popular, Partido Comunista dos Pobos de España, Partido Humanista de Galicia, PCG, PCPG, Plataforma Alternativa, Pola Esquerda, Seminario Galego de Educación para a Paz, Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG), Socialismo Libertario, Solidariedade Internacional, UGT Galicia, Viraventos, Xustiza e Sociedade. 


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: