Mentres, as negociacións de Exipto con Hamas avanzan, aínda que segue habendo puntos do acordo por pechar. Israel mantén a ofensiva.
Na altura deste xoves son xa 1.013 mortos confirmados como consecuencia dos ataques israelís sobre Gaza, segundo fontes sanitarias palestinas. Dese total, máis de 300 son menores de idade. Ademais, arredor de 5 mil persoas resultaron con feridas graves.
Funcionarios da ONU teríanlle asegurado á BBC a veracidade das cifras, mentres Israel segue bloqueando o acceso de xornalistas á franxa. Por outro lado, o executivo israelí confirmou a morte de trece persoas, dez deles soldados e tres civís como resultado dos foguetes lanzados desde Gaza ao sur de Israel.
Por outro lado, este mércores á tarde, as negociacións con Hamas en Exipto para conseguir unha tregua deron pasos positivos, aínda que líderes da organización aseguran que fican puntos importantes por pechar e aínda non hai acordo.
Este xoves, o negociador israelí, o xeneral Amos Gilad, reunirase con responsábeis do goberno exipcio para analizar a situación.