Decenas de miles de chamadas bloquearon a liña de información meteorolóxica durante as altas temperaturas do verán austral.
Mentres Galiza anda aterecida co frío, en Australia preséntanse outros problemas por todo o contrario: a calor. As altas temperaturas do verán austral provocaron o colapso do seu servizo de información meteorolóxica. As chamadas subiron un 1.200 por cento nos últimos días, coincidindo co inicio da temporada de lumes.
A Oficina de Meteoroloxía pasou de recibir miles de chamadas nun día a decenas de miles, unha situación sen precedentes. A vaga de calor fixo superar os 40 graos nalgunhas zonas o martes. En Australia ten bastante popularidade o servizo meteorolóxico telefónico, que se actualiza constantemente.