Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Polémica en Portugal

O arcebispo de Lisboa alerta as mozas do risco de casar con musulmáns

"Pensen moi seriamente; é meterse nun monte de sarillos que nin Alá sabe onde acaban", advertiu José Policarpo.

Redacción - 19:20 14/01/2009
José Policarpo

José Policarpo

As últimas declaracións públicas realizadas polo Cardeal-Patriarca (arcebispo) de Lisboa, José Policarpo, son a noticia do día na prensa portuguesa. O líder relixioso advertiu as mozas casadeiras do país do risco de casaren cun home que profese a relixión musulmá.

Na súa intervención no ciclo de entrevistas 125 minutos com Fátima Campos Ferreira, no Casino da Figueira da Foz este martes á noite, Policarpo afirmou: "Cautela cos amores. Pensen dúas veces en casar cun musulmán, pensen moi seriamente; é metese nun monte de sarillos que nin Alá sabe onde acaban".

O cardeal considerou ademais "moi difícil" o entendemento en Portugal. "Só é posíbel dialogar con quen quere dialogar, por exemplo cos nosos irmáns musulmáns o diálogo é moi difícil", mantivo durante o faladoiro, aínda que recoñeceu que cómpre "respecto e coñecemento" como "primeira actitude fundamental" para que haxa comunicación.


4,43/5 (7 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: