A OCDE presenta datos sobre os seus 30 estados membros e os BRICs (Brasil, Rusia, India e China).
Líderes dos BRICs, en 2008
A economía do Brasil, que recuou un 2,9% no mes de novembro, é a que menos está a sufrir coa crise económica mundial, segundo o informe divulgado este luns pola Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE).
O estudo, que inclúe os 30 estados membros da OCDE e os BRICs (Brasil, Rusia, India e China), salienta a "forte desaceleración" na Unión Europea, Asia, Estados Unidos e nas grandes economías emerxentes.
O índice, considerado unha media dos indicadores económicos, ten como referencia os 100 puntos. A OCDE clasifica como 'en expansión' economías con índice en crecemento por riba de 100. 'En descenso' son aquelas por riba de 100, mais con tendencia a recuar (caso de Brasil). Por baixo de 100, mais medrando están os países 'en recuperación', e retraéndose, os 'en desaceleración'.
A crise, a máis
O índice medio da OCDE ficou en 101,2 puntos en novembro. En outubro estaba en 102,3. En setembro, en 103,2. En agosto, en 103,9. E en xullo, en 104,1.
Rusia rexistrou 89,8 puntos, en novembro, un descenso de 13,8 con respecto ao mesmo período do ano pasado. Seguiulle China, con 88,5 puntos (12,9 menos ca en novembro de 2007). A maior economía do mundo, a de Estados Unidos, ficou en 92,2 puntos (8,7 puntos menos). A caída na zona euro foi de 7,6 puntos, que rexistrou 94,3 puntos.