Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tiveran sete escanos nas anteriores

Israel exclúe das eleccións os partidos árabes

O comité electoral aceptou a petición dos ultranacionalistas xudeus para deixar fóra as formacións que representan a quinta parte da poboación do país.

Redacción - 09:00 13/01/2009

"Racismo" foi un dos reproches que se escoitou este luns nos asentos árabes do Parlamento israelí durante o debate da iniciativa de tres formacións políticas ultranacionalistas do ámbito xudeu. A proposta pedía a prohibición da participación nos vindeiros comicios para os dous partidos árabes que na anterior cita coas urnas apañaron sete escanos.

É coñecida a belixerancia de formacións estremistas como Unión Nacional ou Israel Nosa Casa cara aos árabes, aos que, malia integraren a quinta parte da poboación do país, teñen solicitado que sexan directamente expulsados de Israel acusándoos de seren un "perigo" para o Estado. A diferencia doutras ocasións nas que presentaran idéntica solicitude, desta volta as formacións máis extremistas contaron co apoio a esta proposta do resto de partidos.

Recomendámoslles o editorial do xornal israelí Haaretz, baixo o título Non deixen fóra as listas árabes


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: