Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Golfiño solitario embaixador

O arroaz Gaspar cumpre un ano nas costas

A Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños cóntanos dos golfiños solitarios no litoral do país e achega recomendacións para quen tope con eles.

Coordenadora para o estudo dos mamíferos mariño (CEMMA) - 09:00 09/01/2009
Tags:
gaspar

gaspar

Os cetáceos en ocasións teñen comportamentos pouco frecuentes que poderían calificarse de antisociais, a respecto dos exemplares da súa mesma especie. Debido a este comportamento tenden a aillarse nunha zona da costa sendo calificado o exemplar que presenta ese comportamento de: GOLFIÑO SOLITARIO. Cando esta situación de soidade, aillándose voluntariamente dos seus conxéneres, ven acompañada dun comportamento permisivo da presenza humana e mesmo interactivo, daselle en chamar GOLFIÑO SOLITARIO EMBAIXADOR, que é o calificativo que se adecúa ao comportamento de Gaspar.

En Galicia téñense dado diversos casos, o caso histórico foi o de NINA que estivo en Sada nos anos 70 e foi visitado por Cousteau, JULIA que tamén nos anos 70 visitou Baiona, sendo o máis coñecido o caso de ENOL en Cariño no ano 1997, recentemente houbo outros, como o caso de MERCURIO que viviu uns meses en Baiona no ano 2000, ou PIAS que viviu un ano en Ferrol baixo a ponte do mesmo nome no ano 2006. Normalmente estes exemplares soen ser arroaces de sexo masculino que son rechazados das mandas de cría que viven nas rías.

Hai que ter conta de que un arroaz é un animal salvaxe e convén manter un comportamento adecuado na súa presenza.

Visita á Mariña
A finais do mes de xaneiro do pasado ano 2008, o GASPAR visitou a Mariña Luguesa, chegando ata Asturias e, posteriormente voltou as Rías Baixas.

Dende principios de novembro, GASPAR abandonou a Ría de Vigo, logo de estar alí durante tres meses. Pouco a pouco foi subindo pola Costa da Morte ata A Coruña de onde desapareceu o día 6 de decembro, sendo atopado posteriormente no porto de Cudillero días despois, logo dunha breve estancia, a CEMMA localízao de novo en Burela.

Nestas últimas semanas, os seus desprazamentos atópanse entre os diferentes portos da Mariña, e sobre todo na Ría de Viveiro, onde ten acompañado aos piraguistas dando tamén algunha sorpresa inesperada.

Seguemento da CEMMA
Dende o primeiro momento de ser localizado, en decembro de 2007, a CEMMA puxo en marcha un dispositivo de seguemento e análise do arroaz, esta actividade, xunto coa páxina web específica, permite levar a cabo un seguemento detallado e unha labor preventiva e de información que garanta a supervivencia do animal.

A CEMMA mantén un seguemento dos movementos do animal e puxo en marcha un blog para que o público poida informar da evolución de GASPAR, o teña en conta e o coide frente a calquera tipo de molestia ou agresión. Pode consultarse en:

http://www.blogoteca.com/cemma/

Poden realizarse chamadas alertando da súa presenza a traveso do telefono de emerxencias 112.

A CEMMA mantén un estreito contacto, para recibir información da presenza do animal e preveer molestias, coa Agrupación de Protección Civil de Ribadeo e co SEPRONA da Garda Civil, institucións ás que agradece a colaboración e a súa preocupación polo caso. Tamén informa puntualmente á Consellería de Medio Ambiente e mantén un contacto permanente cos equipos de seguemento de Asturias para comunicar os desprazamentos cara esa zona da costa.

Neste sentido, e dado que o límite ata onde chegou GASPAR por dúas veces, é Lluarca, a CEMMA e CEPESMA están analizando todos os detalles de comportamento conxuntamente tratando de relacionalos cos que tivo o arroaz ENOL nesta localidade, atopando diversas cuestións en común.
 

Código de comportamento en presenza do arroaz solitario GASPAR.

Tratar de manter o mínimo contacto e a máxima indiferencia para non perturbar o seu comportamento.

Non darlle NUNCA comida.

Non meterse NUNCA na auga ao seu carón.

Observalo a distancia sen achegarse.

Se estás na auga non tratar NUNCA de tocalo nin de aproximar as mans.

Sair INMEDIATAMENTE da auga e afastarse do seu contacto.

Se estas nunha embarcación, non aproximarse nin interrumpir o seu comportamento.

Adoptar unha posición neutral e indiferente se se achega o animal mantendo o mesmo rumbo e velocidade.

Non cambiar de dirección ou velocidade de xeito brusco.

Se o tes na popa COIDADO, gosta de meterse baixo do motor.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: