A ONG Survival International denuncia a invasión da súa terra polos furtivos, que esgotan as súas fontes de alimento.
Nas illas indonesias de Andamán viven as tribos indíxenas sentinelesas, un colectivo que se fixo especialmente famoso ao sobrevivir ao tsunami que afectou ao país asiático en 2004. Daquela, fuxindo da catástrofe, correron cara as zonas máis altas, o que fixo que entrasen en contacto con outras poboacións, especialmente turistas. Ese intento de salvar as súas vidas estase a tornar, co paso do tempo, nunha gran ameaza para a súa supervivencia. Así o denuncia a ONG Survival International, quen fala de "invasión por parte dos furtivos que esgotan as súas fontes de alimento e os levan a situacións de risco fronte a enfermidades para as que este pobo indíxena non posúe inmunidade".
En perigo, despois de 60 mil anos
Os sentineleses viviron nas Illas Andamán durante case 60 mil anos. Agora, a organización fala de "amarga ironía" ao darse o paradoxo de que aqueles que aparecían en todos os titulares por sobrevivir ao tsunami morran agora como consecuencia do contacto cos foráneos. Actualmente hai 320 indíxenas desta tribo e só hai dez anos que manteñen contacto con outras poboacións. Dende Survival reiteran que a solución para non seren exterminados é protexer a súa terra.