Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SELECCIÓN DE CAHIERS DU CINEMA

Dúas curtas galegas, entre as mellores do Estado

'París #1' de Oliver Laxe, e 'O Cazador' de Ángel Santos, están entre o máis destacado de 2008, segundo a revista especializada.

Redacción - 09:00 12/01/2009

O número de xaneiro da revista Cahiers du Cinema-España realiza a habitual escolma das mellores curtametraxes do Estado. Entre elas destaca dous traballos galegos: O Cazador (Angel Santos) e París #1 (Oliver Laxe).

Nas páxinas 66 e 68 da revista pódese ler a crítica que Carlos Reviriego, Gonzalo de Pedro e Jara Yáñezfan de ambos os dous filmes. De París #1 escriben "O empeño do documental en desintegrarse e impregnar (ou impregnarse de) outras formas cinematográficas, fano evidente traballos máis extremos, como Paris # 1, de Oliver Laxe, que recorre á rodaxe en 16 mm como camiño para unha particular arqueoloxía experimental sobre o tempo e a paisaxe galega ameazado pola escura sombra do lume devastador".

Mentres, de O Cazador dise "ábrese en canal e pon ao descuberto o entramado dunha adaptación á pantalla do relato homónimo de Chéjov, desde a súa lectura á súa representación, nun sobrio exercicio de invención creativa que baixo a súa aparente sinxeleza oculta varias capas de lectura. Así, esta pequena xoia atrapa as fases de transformación dunha historia desde que é papel até que é imaxe".


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: