Omar Rabuñal e Suso Lista escolleron o concello de Petín como escenario da última curta da parella. Poden ver o vídeo no interior.
Continúan as aventuras de Pinto e Cobiñas, a parella de mariñeiros creada por Omar Rabuñal e Suso Lista, e que podemos ver en youtube. Chegan ao seu oitavo capítulo, 'Facenda somos case todos', gravado no concello de Petín. A historia ten lugar nun bar, á unha da mañá, onde chega un mozo pedindo unha tila e pensando de vira a morte. Pero nada é como parece, e "a tila leva a fama pero o Espléndido carda a lana", e non hai cousa que dea máis medo de Facenda. Na curta participan, ademais de Suso Lista, Manuel Castro Duarte, Alejandro Carro, Manuel Cao e Julio Rodríguez.
Entrevista a Suso Lista en Vieiros (2-11-2008)