Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
E van 18 meses de crise política

O democristián flamengo Van Rompuy é o novo encargado de liderar o goberno belga

Nova quenda en Bélxica para a coalición de cinco partidos: democristiáns e liberais da beira flamenga e democristiáns, socialistas e liberais da beira valoa.

Redacción - 09:00 31/12/2008

A longa crise política en Bélxica ten desde esta semana unha nova oportunidade de xestión. AS principais formacións políticas acordaron a edición dunha nova coalición gubernamental que estará liderada no cargo de primeiro ministro polo democristián flamengo Herman Van Rompuy. Ex ministro de Finanzas durante a época da entrada ao euro de seu país, a Rompuy tócalle agora liderar o goberno no medio dunha conxuntura económica e política moi complicada.

Atrás queda a última crise, aberta arredor do executivo que lideraba Yves Leterme, da mesma corda política que Rompuy, e que deixou o cargo despois das acusacións ao seu gabinete polas presuntas presións a un tribunal de apelacións en contra dos accionistas do macrogrupo banqueiro Fortis, que disputaban a venda de activos da entidade ao xigante francés BNP Paribas. Leterme apenas durou nove meses no cargo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: