Malia que o comunicado evita a condena explícita a Israel, solicita a fin da violencia sobre a zona e a atención das "urxentes necesidades humanitarias e económicas".
Rapaz ferido nos ataques / Imaxe: BBC
O secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, xa declarara este sábado a sñua "alarma" pola "dura violencia e o derramamento de sangue en Gaza", despois de confirmárense máis de 270 mortos e centos de feridos froito do ataque militar de Israel sobre a franxa. Ban Ki-moon pedía así a "fin de toda violencia" e advertíalle a Israel que independentemente das preocupacións en materia de seguridade deste país o seu goberno debera "respectar os dereitos humanos e o dereito humanitario internacional".
Menos explícita aparece este domingo a comunicación oficial do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Logo de catro horas de reunión, o organismo emitiu un comunicado onde non se condena de xeito directo a Israel, instando así "a todas as partes a que deteñan inmediatamente todas as actividades militares", segundo explicou o embaixador croata na ONU, Neven Jurica, actual presidente do Consello. De paso, solicitan que se traten "as urxentes necesidades humanitarias e económicas en Gaza" animando a recuperar "a calma" coa fin de abrir camiño a unha solución política entre Israel e Palestina.
Última hora: