Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un ano da Lei de Memoria Histórica

Mantense o incumprimento en materia de verdade, xustiza e reparación

Amnistía Internacional láiase dos déficits e a "lentitude exasperante" na reparación ás vítimas da guerra e a represión franquista.

Redacción - 09:30 27/12/2008

"Pouco que celebrar", subliñan desde Amnistía Internacional en Galicia (AI) ao respecto do balance no ámbito da memoria histórica. "É un desenvolvemento regulamentario de lentitude exasperante, só a final de ano, a remolque dos acontecementos xudiciais, o goberno español ditou algunhas disposicións para o desenvolvemento e a aplicación do establecido na Lei, e o disposto concéntrase só en medidas simbólicas ou de escaso significado para garantir verdade, xustiza e reparación", avalía Alberto Estévez, voceiro de AI en Galiza.

Recordan desde o colectivo que no momento da saída adiante da lei, valorárona de xeito positivo como "un lixeiro paso adiante", pero quéixanse de que meses despois o Estado Español "non contribuíu de forma decisiva a saldar a débeda pendente coas vítimas que padeceron graves violacións de dereitos humanos". Por riba, recordan que o novo marco legalmesmo foi utilizado, polo Ministerio Fiscal e outras autoridades, como argumento para opoñerse á obriga do Estado de investigar en sede xudicial os crimes do pasado e recoñecer os dereitos das vítimas segundo as normas internacionais. "Os últimos superviventes e as familias, para quen o tempo xoga en contra, continúan se atopar satisfacción nin recursos efectivos", critica Estévez.

Por outro lado, e aproveitando que a Consellaría de Cultura anunciou un acordo para a exhumación de foxas en Galiza co Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), que se ocupará dos estudios antropolóxico-forenses, e o Instituto de Medicina Legal (Imlus) da USC, Amnistía solicitará da Xunta que as exhumacións se fagan "nun contexto xudicial" que axude a que se atenda ás normas internacionais ao respecto.


4,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: