M.S.P. - 11:00 26/12/2008
Anakiro Toriyama
Canción para pechar a parte de abaixo de Ruta
E
Ataque Escampe decidiron bailar. Non bailan reaggeton, claro, que xa dixeron 'nunca mais'. Colleron cinco dos temas do seu primeiro álbum longo,
Galicia es una mierda (A Regueifa Plataforma), publicado en febreiro, e puxéronlles una bola de discoteca. Marcos Payno (Matraca Perversa, Galegoz, Glamour Grotesque, Xenreira...) é o responsábel destas remesturas, que se presentan baixo o título de
Galicia es una fiesta. O ep pódese
descargar de balde na páxina da Regueifa.
Está o tema que lle dá título ao álbum (trasunto do orixinal
Galicia es una mierda), e tamén
Anakiro Toriyama (
Akira Toriyama),
3 bailes con Lenin (
Tres cantos a Lenin),
Nadina en Bristol (
Nadina) e a
Canción para pechar a parte de abaixo do Ruta (
Canción para pechar o Ruta). Payno, A.K.A.
Dr. Painkiller, iniciou esta colaboración dos Ataque Escampe durante o traballo de produción do tema
Ningún lugar seguro, gravado para unha compilación de Edicións do Cumio a partir do poema
Os Amantes de Antón Lopo.
Non é reaggeton, máis ben son cinco temas para pechar a pista de abaixo do Ruta. Pés que voan. Os brancos tamén levan o ritmo no corpo, aínda que non veñan da cabana do Tío Tom e teñan televisión. Bailar este Nadal, á espera do novo disco da banda, no que xa traballan e que veremos nos vindeiros meses. Un álbum, din, que será máis festivo e evasivo.