O escritor Fran Alonso pide para si unha realidade na que os creadores poidan desenvolver a súa labor con normalidade.
Que non sexa necesario un esforzo para que emerxa a nosa cultura; que a lingua non supoña un problema para os creadores que a empregan como medio de expresión... Fran Alonso reivindica unha normalidade a xeito de cultura visibilizada. Así se incorpora ao debate aberto por Vieiros sobre o que é (ou sería, neste caso) un país normal.
Escritores, músicos, políticos, deportistas... ou profesionais de todo tipo estanse a sumar á iniciativa de Vieiros de reflexionar sobre a realidade na que nos gustaría vivir. Incorpórate ao espazo de debate e achéganos a túa opinión: ¿que é para ti un país normal?