Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
As deficiencias do proxecto son notorias a pesar de que a inversión pública foi suficiente

ADEGA comparte as críticas sobre a xestión da canceira do Carballiño

A xestión da canceira do Carballiño só pode ser cualificada como moi deficiente. A cantidade de axudas aportadas polas administracións públicas non se corresponde coas melloras efectuadas no recinto que seguen sendo insuficientes.

ADEGA - 20:03 17/12/2008
Tags:

Cómo pode ser que despois de facerense obras por valor de 250.000 € o recinto non instalara nin auga corrente nin luz, cando isto é absolutamente esencial para o funcionamento dunha canceira. Despois das subvencións que recibiu o grupo Outeiro tanto para a canceira como para o seu funcionamento. Non se poden comprender as enormes carencias que alí hai en medios materiais e organización. De feito a comida para os cans tamén a reciben doada dunha empresa, e os traballadores os paga o concello do Carballiño. Sen embargo a canceira cobra por cada can que se lle deixa. Resulta ademais escandaloso que esta obra pública carezca tanto de licenza de obra como de licenza de apertura sendo polo tanto unha obra ilegal. Ante esta situación escandalosa é sospeitoso o clamoroso silencio dos responsábeis municipais sobre este tema así como o grave descontrol dos cartos públicos. Outro dos puntos máis negros desta canceira é a organización do traballo e da xestión, adoéce dun mínimo control dos animais que entran e saen, do seu estado, cantidade, situación sanitaria, etc., así como dos traballadores. Os responsables da canceira apenas supervisan o funcionamento, existen tarefas básicas de limpeza e tratamentos sanitarios, reparacións, melloras, etc que non se controlan, hai que ter en conta que non se poden manter ducias de cans nunhas condicións de limpeza e sanidade axeitadas sen eses controis continuos e diarios. Debido a tanto descontrol que existe nesa instalación é necesario que se faga unha auditoría do proxecto que determine onde foron empregados os cartos públicos e se foron gastados axeitadamente.  O noso desexo é que a canceira estea ben dotada para atender aos animais e que o traballo se faga nas mellores condicións pero se é unha chapuza deben pedirse responsabilidades a quen corresponda.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: