A Xunta destina 11.793 millóns ao gasto público para o ano que vén. O bipartito non aceptou ningunha das 854 emendas do PPdeG.
Ningunha das 854 emendas presentadas polo PPdeG ao orzamento de 2009 pasou o a barreira que estabeleceron socialistas e nacionalistas. As contas saíron do Parlamento tal e como chegaron, sen modificación algunha.
Os orzamentos aprobados este mércores contemplan un total de 11.793 millóns de euros, un 2% máis que en 2008. A Xunta recorre ao déficit do 1% do PIB (o máximo permitido por lei) para combater a crise económica.