Blackbird (merlo, en inglés) está baseado no navegador de Mozilla e inclúe o acceso a contidos 2.0 de "interese para os afroamericanos".
Se a pasada quinta feira se presentaba oficialmente no noso país o Galinux, un sistema operativo de código aberto e completamente en galego, en EUA a comunidade negra xa ten o seu propio navegador en internet.
Blackbird (merlo, en inglés), que así é como se chama, preséntase como un software con "características avanzadas de web 2.0" e "pensado especialmente para o afroamericanos".
Ademais, o navegador está baseado no código do Mozilla Firefox, polo que o seu funcionamento é practicamente o mesmo, con diferenzas estéticas e engadidos específicos para o público ao que se dirixe: "Busca negra", para destacar contidos de interese nos resultados de Google; "Teletipos", coa información que lles afecta; "Marcadores" e "Vídeo", ademais de conexións con ONG negras, as webs máis compartidas pola comunidade e acceso ao correo electrónico e a redes sociais.
Blackbird foi desenvolvido pola compañía 40A e só se pode descargar para Windows.