Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mugabe nega a súa existencia

Sudáfrica declara zona catastrófica a fronteira con Cimbabue por causa da cólera

A epidemia matou perto de 800 cimbabuenses, e 16 mil precisan tratamento. A ONU advirte que nas vindeiras semanas podería afectar unhas 60 mil persoas.

Redacción - 13:15 13/12/2008
16 mil cimbabuenses poderían verse afectados pola epidemia de cólera

16 mil cimbabuenses poderían verse afectados pola epidemia de cólera

As autoridades sudafricanas declararon zona catastrófica a fronteira con Cimbabue, debido á epidemia de cólera que asola o país. Perto de 800 cimbabuenses xa morreron a causa da epidemia, e 16 mil precisan tratamento canto antes. En Sudáfrica hai 600 persoas afectadas, e xa morreron oito. O río Limpopo, que rega ese país, tamén está contaminado pola bacteria.

"Necesitamos medidas extraordinarias para solicitalo", sinalou o voceiro do goberno local, Mogale Nchabeleng. A Organización Mundial da Saúde (OMS) teme que poida haber 60 mil afectados.

Mugabe: "xa non hai cólera"
O goberno dos EUA e varias organizacións internacionais pedíronlle ao presidente de Cimbabue, Robert Mugabe, que abandonase o poder e permitise á comunidade internacional controlar a epidemia. Porén, esta sexta feira Mugabe dixo que a tal epidemia non existe. "Estou ledo de poder dicir que os nosos médicos recibiron a axuda doutros profesionais da Organización Mundial da Saúde (...), así que xa non hai cólera", sinalou o presidente cimbabués nun discurso televisado.

Mugabe tamén denunciou os chamamentos á súa dimisión feitos por Gordon Brown, primeiro ministro do Reino Unido, ex potencia colonial do seu país, e do presidente saínte dos EUA, George W. Bush. "A raíz da cólera, Brown e Bush queren unha intervención militar", engadiu Mugabe, ao tempo que concluía: "xa non hai motivo para unha guerra, dado que a cólera xa non existe".

Pouco despois de se emitir este discurso, a ONU daba datos oficiais sobre os afectados pola enfermidade en Cimbabue e advertía que nas vindeiras semanas a epidemia podería afectar unhas 60 mil persoas máis.

Para máis información:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: