Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
35 mil persoas en catro días

O Cultur.gal fai balance, xuntando tres veces máis visitantes que en 2007

Triplicouse o número de persoas que pasaron pola meirande feira das industrias culturais no Palexco, na Coruña. O domingo pechou as súas portas.

Redacción - 11:30 08/12/2008
Unha nena que asistiu aos obradoiros de maquillaxe do Cultur.gal

Unha nena que asistiu aos obradoiros de maquillaxe do Cultur.gal

O Cultur.gal fixo balance este domingo, após pechar as súas portas. Ficaban atrás catro días continuados de actividades, presentación de publicacións e libros, charlas, actuacións musicais... As primeiras estimacións falan de 35 mil visitantes no Palexco da Coruña, "un gran salto" con respecto á primeira edición, que xuntou unhas 10 mil persoas en Pontevedra.

O día de maior afluencia na feira foi o sábado, día no que se rexistraron uns 12 mil visitantes, segundo datos da organización. Na primeira xornada, pasaron polo Palexco unhas 4.000 persoas, unha cifra que se duplicou no seguinte día. Na xornada do domingo, a última, asistiron ao Cultur.gal unhas 11 mil persoas.

Un evento consolidade, e unha aposta pola Coruña
O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, fai un balance "positivo" da feira, que "superou mesmo as mellores expectativas no que respecta á presenza de profesionais e empresas, pero sobre todo de público". Dende Cultura tamén sinalaron que o Cultur.gal é xa un "evento consolidado", que debería manterse nos vindeiros anos, "na mesma época, e probabelmente, na mesma cidade". "É unha decisión que se tomará no seu momento coas opinións de todos os sectores e entidades implicadas na organización, pero ten que ter unha localización estábel, e A Coruña ten todos os boletos", explicou Bará.

Neste sentido os organizadores lembraron que a época do Nadal segue a ser atractiva para armar esta feira, e que nun futura hase lanzar unha campaña que dea continuidade ao Cultur.gal para promover a compra de produtos audiovisuais galegos.

Retos para o futuro do Cultur.gal
En canto aos retos para os próximos anos, Bará apuntou que "hai que ampliar a oferta de produtos e servizos" cunha maior presenza da música, do audiovisual e das novas tecnoloxías e incorporar outros sectores como o patrimonio, o turismo ou a artesanía. Tamén considera mellorábel a proposta de actividades para o público, para acadar unha maior diversificación e oferta, e bota en falta unha maior participación de programadores, "sobre todo públicos, como técnicos e concelleiros de Cultura".


4,92/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os Trasnos de Moscoso actuando na feira
Os Trasnos de Moscoso actuando na feira
Unha das presentacións do Cultur.gal
Unha das presentacións do Cultur.gal
Na representación da peza 'Moby Dick'
Na representación da peza 'Moby Dick'
Segundo as primeiras estimacións, unhas 35 mil persoas pasaron pola feira este ano
Segundo as primeiras estimacións, unhas 35 mil persoas pasaron pola feira este ano